martes, 26 de febrero de 2008

Fin de semana,bos resultados mal xogo

Victoria dos juveniles contra Orense na cal os rianxeiros puideron rotar moito o seu equipo e probar diferentes cousas, esperemos que esta non sexa a ultima victoria da temporada para eles, anque neste equipo ahi postas moitas esperanzas para o futuro.

Os cadetes e o equipo femenino non xogaron este fin de semana, pero as femeninas esta semana van xogar a padron. Asque moita sorte para elas.

Os senior gañaron o seu partido, anque non se pode decir moito do partido, o pouco que se pode decir esta aqui posto ca cronica semanal de Xurxo:

Arqo Rianxo - C.V. Ourense, 3 - 1, (22-25/25-12/25-15/25-21)

Mal partido o disputado o sábado en Rianxo. Deixamos que nos gañasen o
primeiro set desenvolvendo un xogo pésimo.
Reaccionamos nos seguintes xogos, sen facer nada espectacular, só
asegurando as nosas accións. Gañamos demostrando que somos menos malos
que eles, non que somos mellores, e ese non é o camiño.
Unha vitoria mais e un partido para esquecer.

Bueno pois espero que todos os equipos do Arqo Rianxo entrenen moito esta semana e poidamos ter un fin de semana plagado de resultados positivos
Saudos

miércoles, 20 de febrero de 2008

Arriba rianxo

Perdon por renovar tan tarde e que os examenes teñenme un pouco liado.
Espero que esta semana o mercores entrenedes ben para o sabado xogar ben contra orense eu sinto non poder asistir.
Bueno o pasado fin de semana as femeninas perderon os seus dous partidos 3-0 contra as de xiria pero sorprendentemente xogaron mellor contra as senior que contra as juvenilies, pero van por bo camiño.
Os juveniles perderon e non vin o partio, e os cadetes gañaron e dixeronme que deron un gran paso para o galego.
Os senior aqui tendes a cronica de cada semana por Xurxo

CIS Zalaeta - Arqo Rianxo, 3 - 1, (25-18/20-25/25-19/25-15)

Viaxamos a terras coruñesas con bastantes baixas, plantamos cara nos
dous primeiros sets e logo diluímonos lentamente nos dous últimos.
Temos que quedarnos co xogo realizado no segundo set, do mellor de toda
a tempada. O que hai que intentar é motivarse de cara aos dous últimos
partidos, a falta de ambición pode ser o noso talón de Aquiles.
A recuperarse das dores todo o mundo!, que o vindeiro sábado podemos
divertirnos moito.

Un saudo E A POR TODAS ESTE FINDE

martes, 12 de febrero de 2008

1 Gañado 3 perdidos¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Un fin de semana para o Voleibol en Rianxo un pouco deprimente. Xogaronse 4 partidos e dos cales so en 1 se conseguiu a victoria¡¡¡¡¡¡
Enoraboa os cadetes que parece que van a ter un bo resultado o finalizar o ano.
Por outro lado as chicas do Voleibol Arqo Rianxo perderon 3 a 0 contra Universidade de Coruña, pero inda asi, e non o digo eu, que xa mo dixo mais xente, empezaselles a notar un notable mellora e parece que para o ano se siguen asi van a ter moitos mais resultados positivos. Enoraboa a elas e a os dous entrenadores¡¡¡¡¡
Os juveniles xogaron bastante ben, anque no final de cada set tiberon o mismo problema, e foi que non superon dar o golpe final para gañalo.Inda así personalmente gustoume bastante o equipo, e xa veredes como este ano e o que ven faredes algo grande para o noso club. Enoraboa tamen a eles e os dous entrenadores.
E finalmente o partido dos senior contra Universidade de Leon, aqui deixo mellor a cronica de XurxoVazquez para que vexades mais ou menos como foi a cousa.

Esperabamos a visita de León coa esperanza de sumar a nosa cuarta
vitoria consecutiva, e non puido ser, caemos nun vibrante encontro que
se resolveu cun 1 - 3 a favor dos universitarios.
Comezamos o primeiro set perdendo 5-0, fallando moito co saque e
horribles en recepción. A pesar do mal xogo mantivémonos no set, para
acabar perdendo por 21-25.
No segundo set cunha boa defensa, e mellorando un pouco en saque e
recepción, logramos ser mais consistentes e igualar o partido, 25-21 ao
noso favor.
A clave do encontro estivo no terceiro set, un set igualado ata o final,
que puido caer de calquera lado, pero fixoo do lado leones. O 29-31
reflexa a tensión e a competitividade dos dous equipos.
O conxunto que ganase o terceiro set teria case todas as papeletas para
levarse o partido, o desgaste psicolóxico que supón perder un set que
pasa dos 30 puntos nótase case sempre no comezo do set seguinte. A nosa
cabeza resinteuse e foronse dende o principio, remontar xa case nos
parecia unha quimera e o único que logramos foi maquillar o marcador.
21-25 e setima derrota nesta liga.
O sábado Zalaeta, hai que mellorar se lles queremos plantar cara.

Sin mais, so decirvos que teñades moita sorte todos e todas este fin de semana nos vosos partidos e dende aqui "Santiago" unha gran aperta a tod@s

jueves, 7 de febrero de 2008

Victoria dos Senior fiasco dos juveniles

Boas Rianxeiros,
Un fin de semana que tubo cousas boas e cousas malas, para empezar a victoria dos senior en Ribeira. E a nosa terceira victoria consecutiva e ojala esto non acabe este fin de semana porque marchar para casa depois de xogar un partido e conseguila victoria da un bo sabor de boca.
Aqui tendes a cronica do partido realizada por Xurxo (adestrador dos senior):

Celebrouse o derbi comarcal este sábado en Riveira, e como todo derbi
tivo tensión, nervios, rivalidade, pero ante todo deportividade. Non foi
o mellor partido que disputamos este ano, pero fixémonos con el por un
21- 25, 25 - 27 e 23 - 25. Un encontro igualado que nos dá a nosa 6ª
vitoria nesta liga.
Comezamos o partido fríos e desnortados, pero soubemos manter a calma e
remontar un primeiro set que se nos puxo costa arriba.
No segundo empezamos xogando ben, cunha boa recepción e balóns rápidos,
fomos capaces de desarbolar completamente a Riveira. E en metade do set
chega o peor do partido, falta de rotación de Riveira, 17 - 9 ao noso
favor e non somos capaces de aproveitar o momento e pechar o set, senón
que deixamos que se crezan e vólvanse a meter no encontro. Xogamos
mellor os instantes finais de cada set, e esa foi unha das claves do
partido.
O terceiro foi o set mais igualado en canto a parciais, as diferenzas
nunca foron amplas para ningún dos dous, e novamente a nosa
tranquilidade, ou o seu nerviosismo, nos últimos puntos deunos unha
vitoria, que aínda que cun sabor amargo polo xogo realizado,
consolídanos na 4ª posición da liga.
O sábado enfrontámonos a León, volvemos xogar en Rianxo, esperemos que
tamén volva a seguridade e solvencia que demostramos contra Conxo. Que siga a racha!

E os juveniles penso que teñen que cambiar un pouco o CHIP, equipo para gañar teñeno, entrenadores que se curran os entrenamientos e fan moito esforzo por dedicarlles tempo teñenos, asique porfavor poñendolle unha pouca actitud penso que as victorias veñen solas e¡
Pa este fin de semana todos os partidos seran en Rianxo, asique co apoyo da afición e no noso pobo temos que conseguir victorias.

Un saudo e sorte a todos os equipos de Rianxo este fin de semana

domingo, 3 de febrero de 2008

Para facernos unha idea

Bueno para que nos vaiamos fasendo unha idea, para cando dentro de un mes ou asi teñamos
a nosa paxina web, que por ahora inda nn a podo subir, pois creamos este blog.
Aqui poderemos ver alguna cronica dos partidos de cada fin de semana ou algunha noticia que surga dentro do noso magnifico club.
Bueno para comenzar ppis unha pequena cronica feita por o entrenador do equipo de primeira e a sua vez presidente do club sobre o partido que nos enfrentou a conxo fai unha semana en Rianxo

Un partido fácil o celebrado o sábado en Rianxo, facía tempo que non disputabamos un encontro con esa seguridade e solvencia. Os parciais son bastante significativos, 25-21,25-19, e 25-19.
Non poderia destacar a ninguén en particular, e iso gústame e alégrame, porque fala ben ás claras do comportamento do equipo, que foi iso, un equipo. Estamos no camiño correcto, espero e desexo que non collamos ningún desvio e sigamos por esta liña. Baseamos a nosa 5º victoria nunha gran defensa, tanto a 1º como a 2º liña, e unha brillante direccion de xogo. Cabe destacas ademais que fomos por diante en todos os sets, controlando unha vantaxe de 5 e 6 puntos case sempre, unha regularidade no xogo impropia de ós.
Saímos do pavillon con ese regusto do traballo ben feito e coa mirada posta no sábado, o derbi comarcal, o noso escenario preferido, que siga a racha¡¡¡¡¡¡¡¡

Bueno espero ter pronto a do seguinte fin de semana que nos enfrentaba a Ribeira, mentras tanto iremonos conformando co que ai.

Saudos a todos e todas