domingo, 1 de junio de 2008

Definitivamente cena este viernes dia 6


Bueno este viernes dia 6 de junio celebrase a cena tan esperada para todos e todas.
Será no Orense as 10 da noite, esperemos pasalo ben e que non surja ningunha complicacion neste bonito e grandioso acto.
Por outra parte o domingo e a festas dos clubs e as 11 da mañan xogaremos un partido de voleibol cadetes, juveniles, equipo femenino, e senior masculino todos mezclados entre nos, a mitad da pista, na outra mitad xogaran un 4 contra 4 de futbol sala os de Union e os de Taragoña. E despois a partir das 12 da mañan habera actividades no campo de arriba como poden ser a chave, petanca e aljunha historia mais, pero desto supoño que xa vos falarian ou se vos falara na cena.
Por outro lado veñenme a cabeza moitas cuestions co que
vai ocurrir o viernes e aljunhas delas son estas:
  • ¿A quen habera que esperar por chejar de ultimo para empesar a cena?
  • ¿Quen sera o que peor cheje a propia cena?
  • ¿Quen sera o primeiro en levantarse da mesa e ir a barra a pedir cubatas?
  • ¿Quen sera o autentico personaje da cena?
  • ¿Quen sera o primeiro en subir a tarima do september?
E por ultimo e e de supoñer que Suso traballara o sabado
  • ¿A que ora se recollera Suso para despois ir pa traballar?
Agradeceriavos que contestarades as cuestions no foro¡¡¡

Un saudo a todos e todas e a pasalo ben
E os que esten de examenes moita moita sorte

domingo, 25 de mayo de 2008

3º puesto......


O pasado fin de semana os cadetes de CLUB VOLEIBOL RIANXO foronse a Sada a participar no Campeonato Galego no cal quedaron no posto numero 3.
No primeiro partido contra o Emeve Lugo demostraron que non foron moi ben mentalizados para Sada, parecian perdidos no campo e sin dar guerra nos puntos. Neste partido perderon 3-0.
No segundo partido outro tanto do mesmo, contra Sansa foron moi confiados e pensando que conseguirian a victoria facil pero non foi asi, volveron a caer 3-0.
E no ultimo partido do campeonato conseguiron a sua unica victoria contra Zalaeta, anque non xogaron o seu mellor partido superon xogalo ben e gañalo facil.
Non sabemos si cando disputaron os partidos o fixeran ben poderian gañar porque eso e un mundo pero seguramente 2º como minimo poderian quedar, pero esto non e para desanimarse, hay que seguir para diante que para o ano queda un ano fuerte en juveniles no cal se pode conseguir algo importante, asique moita sorte e a seguir entrenando.

Por outro lado informarvos que a directiva fixome saber que definitivamente a cena queda para o dia 6 de junio, non se vai cambiar mais asique intentade poder ir todos e todas, seguramente sea no Adro pero esto e mais a ora xa a confirmarei cando o sepa con total seguridad, pero seguramente Chema se poña en contacto con todos os xogadores de todas as plantillas para ver cantos somos e dar a ora e lugar

Saudos a todos e todas voleiboleros de RIANXO

viernes, 9 de mayo de 2008

Animo chabales¡¡¡¡


Para a semana supuestamente e como me comentaron oxe, disputase o campeonato galego cadete na localidade de Sada.
O campeonato disputariase o sabado pola tarde e todo o domingo, o normal seria que xa se pasase ala a noite pero inda estamos pendientes do que diga a Federacion para o transporte e todo eso.
Os nosos xogadores cadetes que disputan o campeonato seran:
Brais, Hector, Roman, Victor, Cristian, Eric, Alan e Duarte.
O gran entrenador que esta temporada consiguiu guialos asta conseguir clasificarse para o campeonato Galego e Mario, e seguramente Marcos Peirper o acompañara para respaldar a todos cos seus animos e gritos.

Por outra parte, estiben falando con membros da directiva, e chegamos a unha conclusion. O fin de semana seguinte o campeonato Galego Cadete, osea o viernes 23, seria a fecha señalada para a cena de fin de temporada, a cal asisten todos os equipos do Arqo Rianxo. Gustarianos saber si a xente pode, anque penso que vai ser dificil encontrar un viernes que poida o 100% da xente e mellor poñer unha fecha e que a xente vaia. O que mais nos interesa e sabelo porque supoñemos que nesas fechas pode aber xente que estea con examenes asique porfavor, pasade polo poli de decidelle a Chema si sí ou si non. Canto antes.

Un saudos moi grande a todos e todas VOLEIBOLEROS RIANXEIROS

domingo, 20 de abril de 2008

BO amistoso, e ben os cadetes

Que tal vai todo arqorianxeiros?
Bueno este fin de semana os cadetes desplazaronse a Teis a disputar a eliminatoria para ir o campeonato Galego a cal souperon realzar ben e con exito, anque todo hay que decilo que xogaron contra Infantiles, pero os partidos hay que estar ali e gañalos igual, asique ben feito chabales.
Despois pola tarde as 9 xogamos en Noia un amistoso contra os Senior de ala, no cal conseguimos a victoria por 2-3. No partido actuaron:
German, Octavio, Narciso, Miguel, Marcos, Pedro, e de libero Brais. Tamen xogaron Hector, Martin.
O peor de todo a lesion de Hector esperamos que non sexa nada e non che impida xogar o Campeonato Galego Cadete.

Oxe unha foto de Germán fasendo o parbo por unha playa de LLanes, anque o parbo fixo, pero a ola que veu despois tamen estubo ben. JAJAJAJA

Saudos a todos e todas do arqo Rianxo

domingo, 13 de abril de 2008

Amistoso e preparacion dos cadetes


Bueno como ben saberedes alguns o C.V.Noia chamou esta semana para xogar un amistoso contra eles o viernes, e como avisaron un pouco tarde non puidemos reunir unha plantilla para xogar, ahora estamos pendientes para ver si para a semana podemos xogalo, seria contra os senior de Noia, e seguramente ala en Noia.

E os cadetes que siguen ca sua posta a punto para o campeonato Galego anque non estan entrenando demasiado, pero teñense que ir poñendo as pilas que teñen unha boa ocasion para facer unha boa actuación no campeonato.

Asique animo¡¡ e todos os senior e juveniles que esten interesados en disputar o amistoso contra C.V. Noia que vaia polo poli algun dia destes para mira si hay partido ou no.

Saudos a todos e todas os do volei de Rianxo

viernes, 4 de abril de 2008

Cena de juveniles

Como xa me foron comentando por ahi algun xogador dos juveniles hoxe viernes dia 4 de abril, celebran a sua cena de final de temporada no O' Adro.
Esperemos que todos se comporten e sobre todo o entrenador que vai a asistir a cena.
Como vedes na foto sempre ai bastante alboroto onde estan estes pero o mellor detalle e o do chabal que ten melenas que vedes ai a man izquierda, este ano non puido xojar pero a festa si que lle justa ben.

Bueno esperamos desde aqui que o pasedes ben, en proximas semanas celebrarase a cena de todas as plantillas unidas, esperemos que esteamos todos e o pasemos ben

Saudos Rianxeiros

jueves, 27 de marzo de 2008

Dia do deporte

Bueno como ben mostrou nun comentario o noso presidente Xurxo Cardama
este sabado dia 29 as 21:00 celebrase o dia do deporte.
Dia no cal se da uns premios polos bos resultados das entidades e deportistas Rianxeiros
asique como non pode ser menos o Club Voleibol Rianxo tamen tera o seu omenaxe.
Ou eso esperamos¡¡¡¡
O mellor de todo e ver falar a Xurxo, jijiji
Bueno e despois temos partido osea, o acabar a ceremonia a correr para as mesas
e a papar os pinchos¡¡¡¡¡
Aviso os juveniles non bebedes viño¡¡¡¡
E os cadetes tampouco claro¡¡¡¡¡

Veña un saudo a todos e todas

Club voleibol Rianxo

martes, 18 de marzo de 2008

Animo os cadetes¡¡¡¡¡¡¡¡

Bueno como van as cousas voleiboleros de Rianxo?
Espero que non perdamos a forma e practiquemos deporte neste veran, sobre to o volei playa en canto se poida en tanxil.
Con respeto os nosos equipos, unha GRAN enoraboa a o equipo femenino que consiguiu gañar en Noia e por riba 3 a 0, esperemos que para o ano nos acostumbren mais a estos resultados.
E ante todo pois apoiar o equipo cadete, que vai ter unha fase importante con Teis, e gañandoa pois xa finalmente disputaran o galego. Asique animo¡¡¡¡¡

E dende aqui desexarlle sorte a Brais e Hector que estan ca seleccion Galega cadete concentrados para disputar o Campeonato de España Autonomico¡¡¡¡¡¡¡
Asique sorte para eles...

E aber si empezamos a falar aljo aqui no foro e,,, que sino solo escribo eu
Que xa sei que neste equipo ai moito BAJAMUNDOOOOOOOOOOOOOO
veña saudos a todos e todas

e A COIDARSE

martes, 11 de marzo de 2008

Fin de temporada....

Aqui estan as cronicas do ultimo partido dos juveniles e dos cadetes que ma entregou Narciso Abalo, a do equipo femenino sigo sen telas asique sinto moito non poder informarvos.
Comezamos pola do equipo juvenil:
Pechámola tempada en categoria xuvenil con 2 derrotas. O sábado , en Vigo, ante o 2º cladificado, por 3-1; e o domingo na casa frente a Lugo (1º clasificado) por 3-0.
En ningún dos dous partidos chegamos a realizar un bo xogo. Os excesivos erros tanto en saque coma en recepción impediron que conseguísemos gañar algún set máis.
Descatar as numerosas baixas no partido do domingo, algunhas delas "inesperadas".
E a continuacion categoria cadete:
Na categoría cadete logramos a victoria frente ó Emeve de Lugo por 3-1, resultado que non foi suficiente para alcanzar o liderato do grupo.
Comezamos o partido con algo de relaxación e pouca concentración, indo de menos a máis ata gañar o 1º set nun apretado final por 30-28.
No 2º set melloramos o noso xogo, con menos erros e bastante acerto en ataque.
Pero os erros en saque, e sobre todo en defensa, permitiron ó rival recuperar o seu xogo e gañalo terceiro set.
O 4º set foi bastante igualado, pero sempre fomos por diante e mantivemos a calma ata o final, para levarnos a victoria.
Faltariame a cronica da cena dos senior haber quen e o amable que ma pasa.
Un saudo e moita sorte para o equipo femenino que esta semana termina a sua temporada e cerra toda a temporada do club voleibol Arqo Rianxo

martes, 4 de marzo de 2008

Esto vaise acabando¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Bueno esta temporada no que ven sendo o campeonato en pista xa se vai acabando.
¿Que corto verda?
Era unha liga con poucos equipos e eso que empezamos bastante tarde.
O ultimo partido da temporada para os senior foi unha autentica sorpresa penso que para casi todos os equipos da categoria, eso quere decir que pa o ano temos que empezar con outra mentalidad a liga e saber que nos temos que estar arriba que equipo hay. Foi un partido moi bonito de ver e personalmente pidolle disculpas os meus compañeiros por haberme lesionado e non poder axudarlles a intentar conseguir esa victoria, sobre todo disculpas a Carlos por ter que xogar de colocador, bueno como siempre aqui tendes a cronica de Xurxo.
Turismo de Vigo Voleibol - Arqo Rianxo, 3 - 2,
(25-22/23-25/23-25/25-18/15-7)

Disputamos en Vigo un dos mellores partido da tempada, estando apunto de
protagonizar a que seria unha das maiores sorpresas desta liga.
Soubemos repornos á lesión de Miguel, que auguraba un desenvolvemento
moi distinto do encontro.
Nos tres primeiros xogos demostramos que posuímos un dos mellores
bloqueos da liga, que combinándoo cunha defensa rozando o espectacular,
e un ataque moi seguro, lévounos a pornos cun 2-1 que ninguén esperaba.
A partir de aí apareceron as carencias, polo desgaste dos anteriores
sets, polo medo a gañar ou por calquera outro motivo, non fomos capaces
de manter o ritmo. Ese baixón, sumado a que enfronte tiñamos ao mellor
equipo da competición, fixo que o que puido ser unha gran vitoria
quedase só nun gran partido.

Por outra parte os juveniles disputaron os seus dous ultimos partidos da temporada tamén. O sabado perderon 3-1 ante os Turismo de Vigo nun partido que si non cometesen tantos fallos e xogasen con mais tranquilidad penso que o resultado podria ser mais favorable para Rianxo. O domingo derrota con Emeve Lugo no cal os juveniles rianxeiros non deron moito para poder gañalo partido, o resultado dio todo 0-3.
Os cadetes, que estan clasificados para o campeonato galego derrotaron a o Emeve Lugo por 3-1, nun partido moi irregular no cal os baixons dos nosos facian sospeitar se o final conseguirian a victoria, tiberon moitos fallos en ataque botando moitos balon fora do campo anque superon remedialo e conseguila victoria.
O equipo femenino foi a padron a disputar o antepenultimo partido da temporada. O resultado foi de 3-0 para as locais pero polo que me contaron a mellora no equipo vaise notando, e eu personalmente son optimista de cara o ano que ven, para poder velas conseguindo triunfos.

Bueno esta semana o viernes cena dos Senior penso que no Bar Ela. E a cena de todos os equipos do club segun me fixo saber a directiva sera cando os cadetes e o equipo femenino acaben as suas competicions, esperemos que a xente se porte ben nas cenas.
Un saudo moi grande para todos os integrantes do Club Voleibol Rianxo, e so decir unha cousa personal, que un ano mais foi un placer xogar con vos, e espero que sigan sendo asi moitos anos mais, anque durante o ano poidan surgir problemas,lesions, malos resultados, ou mal xogo, o mais importante nun equipo e manterse unidos e asi sacar todo a diante, eso non o digo solo polos senior senon que incluyo a todas e todos os membros deste club que nos fara grandes no voleibol

CLUB VOLEIBOL ARQO RIANXO

martes, 26 de febrero de 2008

Fin de semana,bos resultados mal xogo

Victoria dos juveniles contra Orense na cal os rianxeiros puideron rotar moito o seu equipo e probar diferentes cousas, esperemos que esta non sexa a ultima victoria da temporada para eles, anque neste equipo ahi postas moitas esperanzas para o futuro.

Os cadetes e o equipo femenino non xogaron este fin de semana, pero as femeninas esta semana van xogar a padron. Asque moita sorte para elas.

Os senior gañaron o seu partido, anque non se pode decir moito do partido, o pouco que se pode decir esta aqui posto ca cronica semanal de Xurxo:

Arqo Rianxo - C.V. Ourense, 3 - 1, (22-25/25-12/25-15/25-21)

Mal partido o disputado o sábado en Rianxo. Deixamos que nos gañasen o
primeiro set desenvolvendo un xogo pésimo.
Reaccionamos nos seguintes xogos, sen facer nada espectacular, só
asegurando as nosas accións. Gañamos demostrando que somos menos malos
que eles, non que somos mellores, e ese non é o camiño.
Unha vitoria mais e un partido para esquecer.

Bueno pois espero que todos os equipos do Arqo Rianxo entrenen moito esta semana e poidamos ter un fin de semana plagado de resultados positivos
Saudos

miércoles, 20 de febrero de 2008

Arriba rianxo

Perdon por renovar tan tarde e que os examenes teñenme un pouco liado.
Espero que esta semana o mercores entrenedes ben para o sabado xogar ben contra orense eu sinto non poder asistir.
Bueno o pasado fin de semana as femeninas perderon os seus dous partidos 3-0 contra as de xiria pero sorprendentemente xogaron mellor contra as senior que contra as juvenilies, pero van por bo camiño.
Os juveniles perderon e non vin o partio, e os cadetes gañaron e dixeronme que deron un gran paso para o galego.
Os senior aqui tendes a cronica de cada semana por Xurxo

CIS Zalaeta - Arqo Rianxo, 3 - 1, (25-18/20-25/25-19/25-15)

Viaxamos a terras coruñesas con bastantes baixas, plantamos cara nos
dous primeiros sets e logo diluímonos lentamente nos dous últimos.
Temos que quedarnos co xogo realizado no segundo set, do mellor de toda
a tempada. O que hai que intentar é motivarse de cara aos dous últimos
partidos, a falta de ambición pode ser o noso talón de Aquiles.
A recuperarse das dores todo o mundo!, que o vindeiro sábado podemos
divertirnos moito.

Un saudo E A POR TODAS ESTE FINDE

martes, 12 de febrero de 2008

1 Gañado 3 perdidos¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Un fin de semana para o Voleibol en Rianxo un pouco deprimente. Xogaronse 4 partidos e dos cales so en 1 se conseguiu a victoria¡¡¡¡¡¡
Enoraboa os cadetes que parece que van a ter un bo resultado o finalizar o ano.
Por outro lado as chicas do Voleibol Arqo Rianxo perderon 3 a 0 contra Universidade de Coruña, pero inda asi, e non o digo eu, que xa mo dixo mais xente, empezaselles a notar un notable mellora e parece que para o ano se siguen asi van a ter moitos mais resultados positivos. Enoraboa a elas e a os dous entrenadores¡¡¡¡¡
Os juveniles xogaron bastante ben, anque no final de cada set tiberon o mismo problema, e foi que non superon dar o golpe final para gañalo.Inda así personalmente gustoume bastante o equipo, e xa veredes como este ano e o que ven faredes algo grande para o noso club. Enoraboa tamen a eles e os dous entrenadores.
E finalmente o partido dos senior contra Universidade de Leon, aqui deixo mellor a cronica de XurxoVazquez para que vexades mais ou menos como foi a cousa.

Esperabamos a visita de León coa esperanza de sumar a nosa cuarta
vitoria consecutiva, e non puido ser, caemos nun vibrante encontro que
se resolveu cun 1 - 3 a favor dos universitarios.
Comezamos o primeiro set perdendo 5-0, fallando moito co saque e
horribles en recepción. A pesar do mal xogo mantivémonos no set, para
acabar perdendo por 21-25.
No segundo set cunha boa defensa, e mellorando un pouco en saque e
recepción, logramos ser mais consistentes e igualar o partido, 25-21 ao
noso favor.
A clave do encontro estivo no terceiro set, un set igualado ata o final,
que puido caer de calquera lado, pero fixoo do lado leones. O 29-31
reflexa a tensión e a competitividade dos dous equipos.
O conxunto que ganase o terceiro set teria case todas as papeletas para
levarse o partido, o desgaste psicolóxico que supón perder un set que
pasa dos 30 puntos nótase case sempre no comezo do set seguinte. A nosa
cabeza resinteuse e foronse dende o principio, remontar xa case nos
parecia unha quimera e o único que logramos foi maquillar o marcador.
21-25 e setima derrota nesta liga.
O sábado Zalaeta, hai que mellorar se lles queremos plantar cara.

Sin mais, so decirvos que teñades moita sorte todos e todas este fin de semana nos vosos partidos e dende aqui "Santiago" unha gran aperta a tod@s

jueves, 7 de febrero de 2008

Victoria dos Senior fiasco dos juveniles

Boas Rianxeiros,
Un fin de semana que tubo cousas boas e cousas malas, para empezar a victoria dos senior en Ribeira. E a nosa terceira victoria consecutiva e ojala esto non acabe este fin de semana porque marchar para casa depois de xogar un partido e conseguila victoria da un bo sabor de boca.
Aqui tendes a cronica do partido realizada por Xurxo (adestrador dos senior):

Celebrouse o derbi comarcal este sábado en Riveira, e como todo derbi
tivo tensión, nervios, rivalidade, pero ante todo deportividade. Non foi
o mellor partido que disputamos este ano, pero fixémonos con el por un
21- 25, 25 - 27 e 23 - 25. Un encontro igualado que nos dá a nosa 6ª
vitoria nesta liga.
Comezamos o partido fríos e desnortados, pero soubemos manter a calma e
remontar un primeiro set que se nos puxo costa arriba.
No segundo empezamos xogando ben, cunha boa recepción e balóns rápidos,
fomos capaces de desarbolar completamente a Riveira. E en metade do set
chega o peor do partido, falta de rotación de Riveira, 17 - 9 ao noso
favor e non somos capaces de aproveitar o momento e pechar o set, senón
que deixamos que se crezan e vólvanse a meter no encontro. Xogamos
mellor os instantes finais de cada set, e esa foi unha das claves do
partido.
O terceiro foi o set mais igualado en canto a parciais, as diferenzas
nunca foron amplas para ningún dos dous, e novamente a nosa
tranquilidade, ou o seu nerviosismo, nos últimos puntos deunos unha
vitoria, que aínda que cun sabor amargo polo xogo realizado,
consolídanos na 4ª posición da liga.
O sábado enfrontámonos a León, volvemos xogar en Rianxo, esperemos que
tamén volva a seguridade e solvencia que demostramos contra Conxo. Que siga a racha!

E os juveniles penso que teñen que cambiar un pouco o CHIP, equipo para gañar teñeno, entrenadores que se curran os entrenamientos e fan moito esforzo por dedicarlles tempo teñenos, asique porfavor poñendolle unha pouca actitud penso que as victorias veñen solas e¡
Pa este fin de semana todos os partidos seran en Rianxo, asique co apoyo da afición e no noso pobo temos que conseguir victorias.

Un saudo e sorte a todos os equipos de Rianxo este fin de semana

domingo, 3 de febrero de 2008

Para facernos unha idea

Bueno para que nos vaiamos fasendo unha idea, para cando dentro de un mes ou asi teñamos
a nosa paxina web, que por ahora inda nn a podo subir, pois creamos este blog.
Aqui poderemos ver alguna cronica dos partidos de cada fin de semana ou algunha noticia que surga dentro do noso magnifico club.
Bueno para comenzar ppis unha pequena cronica feita por o entrenador do equipo de primeira e a sua vez presidente do club sobre o partido que nos enfrentou a conxo fai unha semana en Rianxo

Un partido fácil o celebrado o sábado en Rianxo, facía tempo que non disputabamos un encontro con esa seguridade e solvencia. Os parciais son bastante significativos, 25-21,25-19, e 25-19.
Non poderia destacar a ninguén en particular, e iso gústame e alégrame, porque fala ben ás claras do comportamento do equipo, que foi iso, un equipo. Estamos no camiño correcto, espero e desexo que non collamos ningún desvio e sigamos por esta liña. Baseamos a nosa 5º victoria nunha gran defensa, tanto a 1º como a 2º liña, e unha brillante direccion de xogo. Cabe destacas ademais que fomos por diante en todos os sets, controlando unha vantaxe de 5 e 6 puntos case sempre, unha regularidade no xogo impropia de ós.
Saímos do pavillon con ese regusto do traballo ben feito e coa mirada posta no sábado, o derbi comarcal, o noso escenario preferido, que siga a racha¡¡¡¡¡¡¡¡

Bueno espero ter pronto a do seguinte fin de semana que nos enfrentaba a Ribeira, mentras tanto iremonos conformando co que ai.

Saudos a todos e todas